Saturday 27 de April de 2024

Recepción do Natural Sport no salón de plenos do concello de Riveira


O alcalde de Riveira, Manuel Ruiz Rivas, recibiu aos integrantes do club local Natural Sport Videlgi no salón de plenos do consistorio para felicitalos pola consecución do seu noveno título como Campión Absoluto de España de Clubs e o seu décimo quinto como Campión Absoluto Galego, ambos de xeito consecutivo.

Unha vintena de loitadores de distintas categorías acudiron a esta cita na que o presidente da entidade, José Francisco Agrelo, que estivo acompañado na mesa polo primeiro adestrador, Juan Luis Martínez, agradeceu o apoio que sempre presta o Concello.

Pola súa parte, o alcalde deu ao equipo os seus parabéns no nome da Corporación municipal e expresou a súa esperanza de que Riveira conte con representación local tanto nos próximos xogos olímpicos de Río como nos xogos paralímpicos.

Ao finalizar o acto os deportistas recibiron un pequeno agasallo.